+ 34 981 508 142

DÍA DO APICULTOR - ARZÚA, 9 DE FEBREIRO 2019

A Asociación Galega de Apicultura AGA organiza o vindeiro 09 de febreiro en Arzúa o Día do Apicultor, unha xornada sobre o mundo da apicultura aberta a todas as persoas interesadas.

Inclúe palestras: alimentación das colmeas, a cargo de Antonio Gómez Pajuelo e Suso Asorey, a loita contra a Vespa velutina, coa presentación das últimas investigacións e as experiencias e actuación das  Plataformas Stop Velutina, novos tratamentos contra a varroa e a presentación do laboratorio de meles de AGA.

Tamén haberá unha exposición sobre "Sanidade apícola" con mesas informativas sobre sanidade e Vespa velutina, exposición e venda de arpas eléctricas, laboratorios e outras novidades. Outra exposición "O mundo do queixo e do mel", unha mostra de diferentes tipos de queixos e produtos das abellas, con degustación e venda dos mesmos. Ademais, como tódolos anos teremos a feira de material apícola, actividades para crianzas e xantar abelleiro.

 
 

Voltar