+ 34 981 508 142

DÍA MUNDIAL DA ABELLA 2019

Festival Internacional de Xardíns de Allariz
20 de maio 2019, de 12 a 14 h.

Celebraremos o Día da Abella cunha actividade dirixida a escolares e público familiar, nos arredores da Casa dos Polinizadores, un gran "hotel" ubicado no Festival Internacional de Xardíns de Allariz, para ofrecer aloxamento a multitude de abellas e insectos de diferentes tipos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O vindeiro 20 de maio convidámosvos a celebrar o Día da Abella no Festival Internacional de Xardíns de Allariz. A actividade terá lugar nos arredores da Casa das Abellas, un gran "hotel" ubicado nos xardíns para ofrecer aloxamento a multitude de abellas e insectos de diferentes tipos. A actividade vai dirixida a escolares e a público familiar, co obxectivo de aprender moitas cousas interesantes sobre as abellas e os polinizadores, participando nos seguintes obradoiros:

Coñecemos as abellas e os polinizadores

Aprendemos a facer o noso propio hotel de insectos

Probamos os diferentes meles de Galicia

Enviamos palabras doces para as abellas

Ademais, todo o mundo pode participar nesta celebración realizando sinxelas accións que poden axudar moito ás nosas amigas as abellas. Aquí van algunhas ideas:

1. Poñer plantas que lle gusten ás abellas nos balcóns, terrazas e hortas; comprar mel e produtos apícolas locais

2. Colocar "hoteis de insectos", onde poden vivir abellas solitarias e outros insectos

3. Conservar as flores e non cortalas antes de que as abellas as aproveiten

4. Evitar o uso de sustancias tóxicas para os insectos e mercar alimentos que non as utilicen.

 


Voltar