+ 34 981 508 142

DOCUMENTO CON RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS DE ACTUACIÓN EN TRABALLOS FORESTAIS CON PRESENZA DA VESPA VELUTINA

12 de xullo de 2018

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia acaba de publicar este documento, a raíz da demanda do grupo de traballo do sector forestal creado polo Issga e con motivo da presenza cada vez máis habitual da vespa asiática nos nosos montes.

O documento ten formato cartel e está dividido en tres partes. Recolle as actuacións básicas que se deben ter en conta na planificación das tarefas tanto antes de empezar os traballos, como se se atopa un niño de velutina como, por último, no caso de ataque das vespas velutinas.

Está dispoñible para a súa descarga na seguinte ligazón.

http://issga.xunta.gal/…/c…/actualidade/novas/nova_1094.html


Voltar