+ 34 981 508 142

EN DEFENSA DO NOSO MEL, POR UN SECTOR APÍCOLA RENDIBLE E SOSTIBLE

11 de decembro, de 11 h. a 13 h. no Centro Comercial As Cancelas  de Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Convidamos ós socios e socias de AGA a asistir a este acto organizado polo Sindicato Labrego Galego e Asociación Galega de Apicultura. Trátase dunha movilización inscrita dentro da convocatoria da COAG a nivel estatal, que propiciará accións en 18 cidades baixo o lema "En defensa do noso mel, por un sector apícola rendible e sostible".

Centos de apicultores e apicultoras concentraranse mañán en todo o Estado fronte a grandes superficies comerciais para reclamar maior control das importacións e sucedáneos de mel de baixa calidade, especialmente de China, e unha etiquetaxe máis transparente que obrigue a detallar o país de orixe. O Sindicato Labrego Galego e a Asociación Galega de Apicultura (AGA) organizan unha acción de protesta fronte ao centro comercial As Cancelas, en Compostela, a partir das 11:00 horas durante a cal repartiremos folletos divulgativos entre as persoa que accedan ao centro comercial e ás 12 hl. realizaremos a lectura dun manifesto reivindicativo. O obxectivo deste acto é informar ós consumidores e consumidoras da confusa etiquetaxe que utilizan as grandes industrias que envasan mel para enmascarar importacións e sucedáneos de mel de baixa calidade e a importancia do consumo de mel galego, cos beneficios que aporta á nosa sociedade e ó medio ambiente.

 


Voltar