+ 34 981 508 142

ESPECIAL ABELLEIRA 2019: AGA 40 ANOS FACENDO CAMIÑO

01 de febreiro de 2019

AGA acaba de publicar un número especial da revista Abelleira titulado "AGA 40 anos facendo camiño". Este número ven a anticipar a próxima celebración dos 40 anos de AGA, facendo unha completa reportaxe en imaxes sobre os pilares da actividade apícola: a flora, base da nosa apicultura, as abellas, os apiarios, os apicultores e apicultoras e os produtos das abellas. Ademais inclúe unha sección sobre o tártago asiático con información actualizada sobre a situación da Vespa velutina en Galicia, e sobre o asociacionismo, cunha recopilación das principais actividades e acontecementos celebrados na asociación nos últimos tempos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esperamos que a disfrutedes e que vexades reflexadas nas súas páxinas estes corenta anos da nosa asociación, que tal como publicamos no limiar "son o reflexo da apicultura galega que representamos, con madurez, conciencia e responsabilidade. A nosa historia fainos ollar o pasado con modesta fachenda, o presente con moita viveza e os vindeiros tempos con dinamismo e esperanza para acadar o noso obxectivo básico: a defensa e supervivencia das abellas, que á súa vez comporta a nosa propia existencia".

 

Envío ós socios e socias e distribución

Envíouse un exemplar a tódolos socios e socias de AGA a partir do 21 de xaneiro, polo que aínda poder haber persoas que non a recibiran, xa que ó ser un envío especial como publicación pode tardar máis. De tódolos xeitos, quen non a reciba durante esta primeira quincena de febreiro que contacte coa asociación ou coa súa delegación comarcal. e estase distribuindo tamén para que chegue ó maior público posible: outras asociacións, entidades colaboradoras, concellos, organismos oficiais, etc.

A revista está sendo ampliamente distribuida para que chegue ó maior público posible, tanto en Galicia como no resto do estado e Europa: outras asociacións, entidades colaboradoras, concellos, organismos oficiais, etc.

 

Promoción especial novos socios

Como promoción especial, as persoas que se animen a asociarse este ano recibirán os últimos dous números da revista: "Curso de Apicultura" e "AGA 40 anos facendo camiño".


Voltar