+ 34 981 508 142

630 069 637


EXPERIENCIAS NO DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS 2020

22 de maio de 2020

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O día 20 de maio celebrouse a nivel mundial o Día da Abella. Para conmemoralo dende AGA organizamos unha actividade dirixida aos máis cativos da casa. Cada participante tiña que mandar un debuxo reflexando a importancia das abellas, todos eles foron publicados no Facebook de AGA. Recibimos arredor dunhas corenta proposta de diversas zonas de Galicia e tamén algún doutras Comunidades Autónomas. Como agasallo cada un terá a oportunidade de visitar O Enredo do Abelleiro de balde ca súa familia e levar un produto das abellas da cooperativa de Erica Mel. Temos que agradecer a todos os nenos e nenas que participastes, estamos moi contentos de ter recibidos tantos debuxos e ver o grao de concienciación da importancia das abellas nos máis pequenos.

Dende AGA enviamos notas de prensa os días previos que tiveron bastante difusión e publicamos na web un artigo do presidente de AGA, Xosé Torres, que aporta  datos sobre o Día Mundial das Abellas e o porqué da súa importancia. Tamén estivemos atentos aos eventos e noticias a nivel mundial que xurdiron a raíz deste día. Durante a xornada publicamos nas nosas redes diferentes curiosidades que fomos atopando, dende o acto en directo da FAO, ao chamamento de firmas de "Salvemos as Abellas e os Apicultores" ou noticias de diferentes medios e plataformas: Nacións Unidas, Beelife, Independent, Fundación Global Nature, etc.

Vemos que cada vez hai máis persoas e organismos na defensa da abella, e iso nos alegra moito,aínda que queda moito traballo por facer e moitas cousas que variar estase a producir un pequeno cambio. A importancia e o coidado das abellas e do seu hábitat é algo que temos que recordar, defender e difundir ao longo de todo o ano.

HAPPY BEE DAY!


Voltar