+ 34 981 508 142

EXPOSICIÓN "SANIDADE APÍCOLA" NO DÍA DO APICULTOR

1 de febreiro de 2019

O Día do Apicultor, que terá lugar o 9 de febreiro en Arzúa, incluirá unha interesante exposición sobre a saúde das abellas que estará aberta ó público durante toda a xornada no Local Social da AAVV de Santa María en Arzúa. 

Neste espazo teremos: mesas informativas sobre sanidade apícola e Vespa velutina, un obradoiro de alimentación das colmeas a cargo de Antonio Gómez Pajuelo, exposición e venda de arpas eléctricas, tratamentos contra a varroa, laminado de cera e inventos apícolas.

 

Unha das mesas informativas será sobre sanidade apícola, na que os visitantes poderán facer consultas ós veterinarios de AGA, e outra sobre a Vespa velutina, na que o persoal da DAGA Ferrolterra explicará cales son os principais métodos de loita que existen na actualidade e as ferramentas máis eficaces que dispoñen os apicultores para protexer as súas colmeas. 

Tamén falaremos sobre a alimentación, un dos temas de máis actualidade debido ó aumento no uso deste tipo de práctica a causa de múltiples factores. Antonio Gómez Pajuelo ofrecerá un obradoiro ás 12.30 h. aberto a todo o público para explicarnos como preparar o alimento. Este obradoiro será a continuación da charla que ofrecerá Pajuelo xunto con Suso Asorey sobre a alimentación das colmeas ás 10 h. no local das palestras (Polbeira de Santa María). 

Outra sección desta exposición consistirá nunha mostra de arpas eléctricas para a protección das colmeas ante o tártago asiático, na que os asistentes poderán coñecer os diferentes modelos existentes no mercado. Tamén teremos outros postos de laboratorios que comercializan tratamentos contra a varroa, outro sobre laminado de cera e inventos apícolas. 

 

Listado de expositores:

Sanve (Eugenio Pichel)

Vel-Zapper (Dieter Boisits)

Benigno Fernández

Fernando Cores

Apiyago

Pastores Zagal

Apícola Regueira

Rucamanqui-Santamix Ibérica

Hayedo-Laboratorios Calier

Ecuphar

Antonio López (Asturias)

Laminadora de cera Rey e Martins

 

Programa completo Día do Apicultor


Voltar