+ 34 981 508 142

EXPOSICIÓN SOBRE APITURISMO EN CUNTIS

Datas: Do 26 de febreiro ó 4 de marzo 2020
Lugar: Casa da Cultura Roberto Blanco Torres - Cuntis

 

AGA e o Concello de Cuntis organizan esta exposición sobre apiturismo en Galicia, coincidindo coa celebración da XXIII Festa do Lacón con Grelos o día 1 de marzo.  A presentación oficial terá lugar o venres 28 de febreiro, na Casa da Cultura, ás 20 horas, e correrá a cargo de Xosé Torres Romar, presidente de AGA, co visionado do vídeo sobre as alvarizas de Galicia.

O domingo día 1 de marzo, na dita Casa da Cultura, celebrarase unha degustación dos meles "Cinco estrelas" de Galicia, concurso organizado por AGA, que irá a cargo da restauradora cuntiense Noela Torres.

Así mesmo, ese día 1 de marzo, na praza das Árbores, abelleiras e abelleiros da contorna da vila termal de Cuntis ofrecerán aos visitantes a venda dos seus meles, para o que foron contactados todos os socios e socias de AGA do concello cuntiense.

Animádevos a adozar os grelos e o lacón con mel de Cuntis!!


Voltar