+ 34 981 508 142

FALECE SILVIA CAÑAS, DIRECTORA DE APICULTURA IBÉRICA

11 de febreiro de 2019

Silvia Cañas deixounos despois de tres anos de loitar contra o cancro. Foi unha muller de gran tesón e fortaleza moral. Profesionalmente comezou na apicultura nos 80, traballando no Servizo de Investigación Agraria da Generalitat de Cataluña. Pronto cambiou a traballar na revista Vida Apícola, da que foi directora durante máis de 20 anos, gañándose un oco no corazón e saber facer dos nosos apicultores e empresas do sector. Dalí marchou para levar a súa propia revista, Apicultura Ibérica, que agora queda orfa, ó igual que a súa familia e amigos.

Gracias pola túa vida Silvia, botarémoste de menos.


Voltar