+ 34 981 508 142

FEIRA DOS PRODUTOS APICOLAS

Allariz, 16 de setembro 2018

A Feira dos Produtos Apícolas, organizada pola EGA Escola Galega de Apicultura, AGA, Concello de Allariz e Fundación Ramón Gonzalez Ferreiro, terá lugar o 16 de setembro en Allariz e ademais dunha gran exposición e venda de produtos apícolas, contará cun completo programa de actividades para todos os públicos. Dende consultorios sobre apiterapia e propiedades dos produtos apícolas, sanidade apícola e Vespa velutina, catas de mel e de bebidas con mel, obradoiros para aprender a facer hidromel e xabóns, presentacións de novidades en sanidade apícola e actividades para nenos e nenas.

En breve publicaremos o programa completo da feira e o listado de expositores.


Voltar