+ 34 981 508 142

FORMACIÓN NA DAGA FERROLTERRA

Data: 5 e 6 de outubro de 2018

Lugar: Narón, Centro Comunitario Municipal Manuela Pérez Sequeiro (Rua Rafael Barez, 30 Alto do Castiñeiro)

Organiza: DAGA Ferrolterra

Prezo e inscricións: De balde, previa inscrición no email dagaferrol@hotmail.com ou tel. 661 378 960

 

Venres 5 de outubro, de 18 a 20 h.: Obradoiro de elaboración de "xabóns do apicultor". Por membros da DAGA

Hoxe en día estamos saturados de ingredientes sintéticos na cosmética convencional e na maioría dos xabóns que nos atopamos no mercado, polo que cada día son máis os que valoran o natural. Aos poucos estase tendo máis conciencia dos beneficios que posúen os xabóns naturais fronte aos industriais. A principal diferenza, entre uns e outros, radica no proceso de fabricación, xa que se utilizan únicamente ingredientes vexetais moi beneficiosos para a saúde da nosa pel ao posuír multitude de propiedades terapéuticas, que non conteñen a maior parte dos xabóns convencionais.


 

Sábado 6 de outubro, de 11 a 13 h. Charla sobre sanidade apícola: varroa e alimentación. Por Joaquín Lozano Parello, veterinario

Actualmente avanzouse moito no seu control e atopamos no mercado multitude de produtos. Tratarase sobre as súas características, e os proles e contras de cada un deles. Hai factores (cambio climático, velutina, etc.) que inciden na boa marcha do colmear e consecuentemente da súa produción. O falar sobre alimentación artificial nunca foi un dos nosos obxectivos, xa que entendemos que o alimento da abella é o mel e o pole. Non obstante, actualmente estanse dando situacións anómalas que conducen a escasa colleita e alta mortandade por fame. Ante esta situación non queda outra que alimentar para evitar males maiores. Por este motivo nesa charla tratarase sobre as necesidades alimenticias da colonia e que alternativas temos.


Voltar