+ 34 981 508 142

FORMACIÓN SOBRE SANIDADE APÍCOLA POR CARLOS MARÍN

5 de marzo de 2020

As DAGAs Ortegal, Ferrol, Coruña e Mondoñedo, organizan conxuntamente un programa de charlas sobre sanidade apícola que impartirá o veterinario Carlos Marín. Terán lugar nas respectivas delegacións durante a fin de semana do 20 ó 22 de marzo. A asistencia é de balde para socios e socias, pero requírese a inscrición previa en AGA, antes do 13 de marzo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Contidos:

  • Varroase: Comportamento da enfermidade, sistemas de estimación do grado de parasitación das colonias, exemplos de aplicación práctica e estratexias de loita e control
  • Loque americana e ascosferose (pollo escaiolado): comportamento da enfermidade, factores clave na prevención e control
  • Vespa velutina, últimas novidades

 

Calendario e lugares:

  • DAGA CORUÑA: 20 de marzo, de 18 a 20.30 h. Mesón-Café Godello (A Coruña)
  • DAGA FERROL:  21 de marzo, de 11 a 13:30 h. Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros (Narón)
  • DAGA ORTEGAL:  21 de marzo, de 16 a 18:30. Centro de Formación de Ortigueira - P.I. A Rega - Cuiña (Ortigueira)
  • DAGA MONDOÑEDO:  22 de marzo, de 11 a 13.30 h. Centro Comarcal A Mariña Lucense (Antigo cuartel)

 

Inscricións:

Prezo: De balde para socios/as de AGA e 20 € para o resto
Data límite: 13 de marzo 2020

Enviar un email a info@apiculturagalega.es ou chamar por teléfono 981 508 142, indicando: nome, NIF, teléfono e email.

As persoas non socias teñen que facer o ingreso no nº de conta ES02 2080 0348 3830 0001 8210, indicando no concepto o seu nome e "Charla sanidade apícola",  e enviar despois o xustificante de pagamento.


Voltar