+ 34 981 508 142

GRAN CELEBRACIÓN DAS ABELLAS EN ALLARIZ

22 de maio de 2018

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz acolleu a celebración do Día Mundial das Abellas o pasado domingo 20 de maio. O evento foi organizado por AGA xunto co Concello de Allariz e a Fundación Ramón González Ferreiro, integrantes do convenio para a xestión da Escola Galega de Apicultura en Allariz.

 

Os numerosos visitantes dos xardíns xunto con abelleiros e abelleiras que acudiron á celebración, participaron nas numerosas actividades incluidas e que tiñan como obxectivo sensibilizar sobre a importancia da abella e o valor dos seus produtos. Houbo obradoiros para nenos e nenas, degustacións de meles e pole e postos informativos sobre os produtos das colmea, outros temas relacionados coas abellas e as ameazas ás que se enfrontan, como é a Vespa velutina.

 

Todo isto nun entorno moi especial, os fermosos xardíns do Festival Internacional e a gran Casa dos Polinizadores, instalación ubicada no interior do recinto para dar acollida ós numerosos e variados insectos polinizadores que tan importantes son en xeral na natureza e por suposto tamén para dar vida ós xardíns.

 

A actividade foi realizada gracias á pariticipación dos alumnos e alumnas do Curso Superior de Apicultura Comercial, organizado pola Escola Galega de Apicultura, que remataba con esta práctica e que souperon levar a cabo de maneira extraordinaria.

 

Publicamos máis imaxes da xornada no facebook de AGA.


Voltar