16 de setembro de 2019
O pasado domingo celebrouse unha gran festa das abellas e dos seus produtos en Allariz. Á II Feira dos Produtos Apícolas acudiu un numeroso público que encheu a Praza de Abastos e arredores, onde estaban ubicados os máis de 20 expositores e se desenvolveron numerosas actividades darredor do mundo apícola.
Esperamos que todos e todas as que se achegaron disfrutaran desta interesante xornada abelleira, a pesar do cambio de ubicación de última hora que tivemos que realizar ante a ameaza de choiva, que finalmente non ocurriu.
Dende as entidadades organizadoras da feira: Concello de Allariz, Fundación Ramón González Ferreiro e Asociación Galega de Apicultura, damos as grazas a todas as persoas que colaboraron para a realización deste evento, expositores, patrocinadores e todo o persoal que levou a cabo as actividades.
Damos tamén especialmente a enhoraboa á parella gañadora do concurso ó mellor expositor, que este ano conseguiron os apicultores alaricanos Benita Ferreiro e Antonio García. Así como tamén os nosos parabéns ás 6 afortunadas persoas que, pola compra de produtos na feira, participaron no sorteo e gañaron uns variados lotes de produtos apícolas.
A continuación algunhas imaxes da xornada. Máis fotos no facebook de AGA.