+ 34 981 508 142

630 069 637


GRAN NÚMERO DE INSCRICIÓNS NO CURSO BÁSICO DE APICULTURA ONLINE

01 de xuño de 2020

Por mor da pandemia da covid-19 vímonos na obriga de suspender moitas das nosas actividades programadas para estes meses, por iso coidamos na posibilidade de facer o Curso Básico de Apicultura con formato online.

O pasado mércores 27 de maio deu comezo este curso, cun gran número de inscritores, que alcanzou un total de 130 alumnos e alumnas de toda Galicia e un aumento da participación de mulleres. Todo un éxito!

Queremos agradecer a todas as persoas que se anotaron e animar os demais para os vindeiros. Grazas pola vosa participación!


Voltar