+ 34 981 508 142

GRAN PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE MEL 5 ESTRELAS E LABORATORIO DE AGA

20 de novembro de 2019

O I Concurso de Mel 5 Estrelas que organiza AGA está sendo todo un éxito de participación. En total temos 66 mostras recibidas nas diferentes categorías do concurso, multifloral e monoflorais. Tamén o servizo de laboratorio para os socios e socias tivo moita aceptación, pois recibimos outras 82 mostras de meles a maiores para analizar.

O vindeiro 23 de novembro reunirase o Comité de Cata do concurso, que estará formado por: Antonio Gómez Pajuelo, consultor apícola; Joaquín Lozano, veterinario; Amparo Pardo, xerente Enredo do Abelleiro; Diego Sánchez, apicultor; Noela Torres, restauradora.

Para a semana do 25 de novembro publicarase o fallo do concurso e o Día do Apicultor do 2020 farase o acto público de entrega de certificados ós meles premiados.

Informamos ademais que esta semana quedarán enviados todos os resultados das analíticas ós socios e socias e pedimos desculpas pola demora no envío. Ó ser o primeiro ano, tivemos algúns imprevistos que solucionar e que provocaron este retraso. Esperamos para vindeiros anos ir mellorando este servizo e ser máis áxiles na entrega dos resultados.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Voltar