+ 34 981 508 142

I FEIRA DOS PRODUTOS APÍCOLAS APISALNÉS

Vilagarcía de Arousa - 12, 13 e 14 de outubro de 2018

A primeira actividade que organiza a DAGA Salnés será a I Feira dos Produtos Apícolas do Salnés, APISALNÉS. Terá lugar na Praza da Peixería en Vilagarcía de Arousa, os días 12, 13 e 14 de outubro de 11h a 14h e de 16.30h a 20.00h. A participación na feira como expositor/a é de balde. As persoas interesadas en participar como expositoras, enviade un email á delegación indicando os vosos datos e os días en que queirades asistir, antes do 15 de setembro.

Durante a feira haberá charlas sobre apicultura, postos informativos, exposición e venta de material apícola, obradoiros de cosmética apícola, showcooking de cociña con mel e moitas máis cousas. O programa completo será publicado na web de AGA.

Máis información e inscricións: Mª Dolores Rodríguez Tel. 637 323 904 e email dagasalnes@gmail.com.

 


Voltar