18 de xuño de 2018
O Museo de Historia Natural da USC en Santiago de Compostela acollerá a partir do día 21 de xuño a exposición "Vespa velutina, unha invasión imparable", que estará aberta ó público no museo durante un ano.
Con motivo da inauguración o día 21 de xuño, terá lugar unha reunión na que participarán diferentes persoas expertas, científicos, representantes de universidades e asociacións, para tratar o problema da invasión do tártago asiático e as súas posibles solucións dende unha perspectiva principalmente científica. AGA, que colabora na organización desta exposición, estará presente nesta reunión, de cuios resultados informaremos ós socios e socias nos próximos días.