+ 34 981 508 142

630 069 637


INFORMACIÓN IMPORTANTE ANTE A CRISE DO CORONAVIRUS

17 de marzo de 2020

Ante esta situación excepcional a causa da pandemia do coronavirus Covid-19, o persoal de AGA e Erica Mel debe tomar as máximas precaucións persoais de corresponsabilidade, así como seguir as intrucións das autoridades sanitarias correspondentes. Por este motivo, decidimos tomar as seguintes medidas:

 

Aprazamento actividades formativas

Quedan aprazadas todas as actividades formativas ata novo aviso. A partir de mediados de abril iremos informando das novas datas das actividades xa adiadas ata o momento, así como da realización ou suspensión das vindeiras.

 

Continúa a atención ós socios e ás socias

A oficina de Arzúa seguirá aberta para atender os socios e as socias, preferentemente por teléfono e medios dixitais (email, web e facebook), limitando a atención presencial a casos moi restrinxidos. Salvo motivos excepcionais, continuará o horario habitual: de luns a venres de 10 a 14 h e de 16 a 18 h a través do tel. 981 508 142, os móbiles: 630 069 637 (consultas xerais) / 630 83 83 12 (consultas técnicas e sanitarias) e correos electrónicos: info@apiculturagalega.es e cooperativa@ericamel.es.

 

Novas canles de comunicación

Coa finalidade de mellorarmos a comunicación, en especial durante este período de restricións, anunciamos a creación doutras canles de comunicación a través do móbil. A partir do 23 de marzo, disporemos de Whatsapp para realizar consultas nos móbiles indicados arriba, e a canle de difusión "Apicultura Galega" a través de Telegram.

 

Instrucións para utilizar a canle de AGA en Telegram

Telegram é un sistema de mensaxería por móbil gratuita, similar ó Whatsapp, pero con máis posibilidades. A través da canle de difusión "Apicultura Galega" por Telegram, as persoas que se subscriban recibirán de xeito inmediato nos seus móbiles a información publicada por AGA. Explicamos a continuación como acceder a esta canle:

1º) Instalar a aplicación de Telegram no móbil (a través de Play Store ou entrando en www.telegram.com.es)

2º) Abrir a aplicación e onde pon "buscar" (aparece o símbolo dunha lupa) escribir "Apicultura Galega"

3º) Aparecerá a canle de AGA chamada "Apicultura Galega", abrir, darlle a "Unirte" e comezaredes a recibir a información que publiquemos dende AGA de xeito inmediato

 

Aviso sobre o Plan Apícola 2020

A convocatoria do Plan Apícola 2020 seguramente se verá tamén afectada, polo que prevemos que non sairá publicada neste mes de marzo. Enviaremos unha circular específica sobre o tema en canto teñamos información ao respecto.

 

Visitas ás colmeas

Para xustificar os desprazamentos ás colmeas, aconsellamos que levedes con vós o caderno de explotación apícola onde figure a ubicación do colmear, por causa dun posible control.

 

Seguiremos informando ós socios e socias, esperando que todos e todas esteades ben, así como os vosos familiares e amistades, e que esta crise pase o antes posible e coas mínimas consecuencias, tanto de saúde como económicas.

Directiva e persoal de AGA e Erica Mel


Voltar