+ 34 981 508 142

630 069 637


MELES GALEGOS GALARDOADOS NO LONDON INTERNATIONAL HONEY AWARDS 2020

10 de xullo de 2020

O pasado mes de xullo tivo lugar o recoñecido concurso internacional de meles London Awards. Dende AGA enviamos tres das mostras gañadoras do concurso de Meles Cinco Estrelas. Hoxe recibimos a lista de gañadores e estamos de noraboa para os tres participantes que quedaron seleccionados os tres nas categorías de ouro, prata e bronce.

• Gold Honey Award, ouro: Mel de Brea-eucalipto, de María del Mar Brea Botana, A Estrada.

• Silver Honey Award, prata: Mel Abella Obreira-melato de carballo, de David Souto Gago, Riós.

• Bronze Honey Award, bronce: Mel Rural-queiroga, de Manuel Macía González-Euromel, S.C., Quiroga.

Este acontecemento remarca a gran calidade e competitividade dos nosos meles e da forza que teñen para a súa comercialización internacional. Dende AGA seguimos a traballar para mellorar e poder darnos a coñecer no mundo enteiro. Temos un produto natural e de gran valor. Felicitacións ás persoas gañadoras e moito mel!

 


Voltar