+ 34 981 508 142

MOVILIZACIÓNS 11 DE DECEMBRO "POR UNHA ETIQUETAXE CLARA DO MEL" EN TODO O ESTADO E 13 DE DECEMBRO EN MADRID

4 de decembro de 2018

O vindeiro martes 11 de decembro o sector apícola de COAG vai levar a cabo unha importante movilización á que nos imos sumar dende a Asociación Galega de Apicultura. Tratarase dunha acción de ámbito estatal pero con implicación concreta en todos os territorios para esixir a transpariencia no etiquetado do mel.

O obxectivo da mesma será dar visibilidade á complicada situación de mercado que atravesa actualmente o sector e informar ás persoas  consumidoras sobre o produto, o etiquetado, as importacións, etc.

Dende a COAG consideran que a lenda admitida no caso do mel "mezcla de meles UE e non UE" induce a confusión ós consumidores e vai en contra do establecido na normativa comunitaria en materia de etiquetado, presentación e publicidade dos produtos alimenticios". Ademais, a importación de meles a un prezo inferior ó coste de produción en España supón unha competencia desleal. A indicación do país de orixe de forma obrigatoria é un paso adiante, pero insuficiente. A proposta da COAG é que se obrigue a indicar a porcentaxe de mel de cada orixe e a orde en que se enumeren sexa de maior a menor. De non ser así, non se acadaría o obxectivo de que non se utilicen pequenas cantidades de mel española ou europea para dar unha imaxe de calidade a un produto que non ten globalmente esas cualidades e continuaríase dando unha información errónea ó consumidor e perxudicando ó noso sector apícola.

Tamén a Plataforma Etiquetaxe Clara, da que forma parte AGA, convocou unha protesta o día 13 de decembro en Madrid, coas seguintes reivindicacións:

- Modificar a actual Lei de Etiquetaxe do Mel: especificando a procedencia do mel e as porcentaxes na etiqueta do mel, así como se o mel foi pasteurizado ou microfiltrado e detallar a deterioración por este proceso.

- Tomar medidas contra aqueles países que están a introducir mel por baixo dos custos de produción e medidas de control contra a detección de adulteracións, dotando de laboratorios oficiais para este fin.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nos próximos días comunicaremos a información sobre as actividades que terán lugar o día 11 de decembro, entre elas en Santiago de Compostela, na que participaremos AGA e o Sindicato Labrego Galego.


Voltar