+ 34 981 508 142

NENOS E NENAS DE XUNQUEIRA DE AMBÍA E ALLARIZ CELEBRARON O DÍA MUNDIAL DA ABELLA DA MAN DA ESCOLA GALEGA DE APICULTURA

21 de maio de 2019

O pasado 20 de maio a Escola Galega de Apicultura e as súas entidades integrantes, AGA, Concello de Allariz e Fundación Ramón González Ferreiro, celebraron o Día da Abella no Festival Internacional de Xardíns de Allariz, cunha actividade na que participaron máis dun cento de nenos e nenas, escolares do CEIP de Xunqueira de Ambía e tamén outras familias que visitaron os xardíns durante a mañán.

A través de varios obradoiros, que tiñan o obxectivo de transmitir a importancia das abellas no medio ambiente e os múltiples beneficios que nos aportan, os nenos e nenas coñeceron como son as abellas e os polinizadores, construiron a súa propia casa de insectos e descubriron a variedade de meles que temos en Galicia.

Agradecemos a todos e todas as persoas que colaboraron para levar a cabo esta actividade, especialmente ós nenos e nenas de Xunqueira de Ambía e Allariz que participaron nesta gran festa das abellas.

 

 


Voltar