12 de xullo de 2017
Recentemente a revista Science publicou dous novos estudos científicos desenvoltos en Canadá e Europa, este último financiado por Bayer e Syngenta, que demostran que nunha situación real de campo os neonicotinoides son altamente perigosos para as abellas. Estos estudos confirman así a abrumadora evidencia científica xa existente resultado de estudos en condicións de laboratorio e ademais mostran tamén que estos insecticidas son perigosos non só pola exposición directa, senón que tamén debido á persistencia no campo.
Podemos seguir investigando eternamente, pero o tempo pasa rápido, sobretodo para as abellas e outras especies afectadas. É o momento de esixir definitivamente a prohibición total dos neonicotinoides.
Máis información: