+ 34 981 508 142

O PARLAMENTO GALEGO ESIXE Ó GOBERNO CENTRAL UNHA ETIQUETAXE CLARA DO MEL

25 de xaneiro de 2019

A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou o 22 de xaneiro por unanimidade unha proposición non de lei presentada polo grupo do Bloque Nacionalista Galego pola se demanda ao Goberno Central unha nova norma sobre etiquetaxe do mel na que se indique claramente o país ou países de procedencia, coas porcentaxes de mestura, no caso de que proceda de varios países. A proposta tamén inclúe a necesidade de indicar se se trata dun mel pasteurizado, sometido a un proceso de quecemento por riba dos 45ºC. 

O pasado mes de decembro tivo lugar unha campaña informativa e denuncia a través dos medios de comunicación, a través da Plataforma por unha Etiquetaxe Clara e a COAG, na que tamén participou AGA. A raíz desta presión, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, comprometeuse a introducir todas estas demandas do sector apícola no novo Real Decreto que está en fase de consulta, pero aínda non se confirmou que finalmente integre todas as demandas solicitadas polo sector.


Voltar