+ 34 981 508 142

OBRADOIROS DAGA ORTEGAL: XABÓNS DO APICULTOR E LICORES CON MEL

18 de febreiro de 2019

Este sábado 23 de febreiro a DAGA Ortegal organiza uns obradoiros de elaboración de xabóns con produtos das abellas e licores artesanais con mel. Serán impartidos por Rafa Díaz, delegado de AGA Ferrolterra e a participación é de balde para socios e socias de AGA e veciñanza de Ortigueira.

Inscricións: DAGA Ortegal 680 277 031 e agaortegal@yahoo.es


Voltar