+ 34 981 508 142

630 069 637


OBSERVATORIO APÍCOLA I: OS MALES DAS ABELLAS

23 de marzo de 2020

Por Suso Asorey, fundador e voceiro de AGA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1.- Hai cen anos non se coñecían doenzas das abellas, só se falaba do piollo, da traza da cera, das formigas, dos lagartos e mais dos ratos.

2.- Hai corenta anos empezouse a falar da podremia (loque) americana, da acariose, da nosemiose e do polo escaiolado. Usábanse tratamentos para combatelas; o máis utilizado era a famosa Apiciclina, que era un antibiótico moi de uso común.

3.- Hai perto de trinta anos apareceu a varroa e posteriormente a Vespa velutina. E aínda hoxe estamos pelexando contra a varroa, o tártago negro de patas amarelas (Vespa velutina) e os pesticidas como principais causantes da mortaldade das nosas abellas.

4.- No futuro virán outros males, pero, sobre todo, os problemas ambientais serán a clave, xunto co cambio climático e a medra dos monocultivos. Nun ambiente enfermo non poderá haber abellas sas.

6.- Que di o coronavirus? Que tomemos nota, que aínda estamos a tempo de coidar da natureza. Un dato para ter en conta: en pouco tempo rebaixamos a contaminación do globo terrestre dun xeito importante.


Voltar