+ 34 981 508 142

630 069 637


OBSERVATORIO APÍCOLA III: VENDER MEL

31 de marzo de 2020

Por Suso Asorey, fundador e voceiro de AGA

 

1.- Vender é a arte de comunicarse. Uns nacen vendedores e outros teñen que facerse con moito traballo e moita perseverancia, sen contar mentiras nin dicir disparates, e escoitar o cliente.

2.- Vender é 10 por cento inspiración e 90 por cento traballo, segundo os expertos. Para a maioría dos produtores meleiros, vender o mel é probar e fallar, probar e fallar, ata dar coa tecla. Sobre a venda de mel non hai nada escrito, a non ser que nazas vendedor ou tires os prezos, que de todo hai.

3.- O/A vendedor/a debe coñecer o seu produto, as súas cualidades e debilidades á perfección. O mel é unha enerxía natural, ideal para unha alimentación saudable. A persoa apicultora non pode mellorar o mel, pero pódeo estragar con malas prácticas apícolas.

4.- O prezo do mel é un concepto moi subxectivo, depende do valor que lle dea a parte vendedora. Hai que meterse na cabeza que o noso mel non ten nada que ver cos meles que veñen de lugares moi arredados; polo tanto, os prezos tampouco deben telo.

5.- A satisfacción de ter recollido moitos quilos será moito maior o día en que se logre vender a totalidade da súa produción a un bo prezo. Baixar dos 10 euros significa desvalorizar o noso produto.

6.- Que di o coronavirus? Que o mel do Ortegal cura todo mal, que o mel de Lalín é musica de violín, que o mel de Celanova levanta a moral a quen o toma... Cada comarca, cada paisaxe ten o seu mel, e todos os nosos meles son bos.


 


Voltar