+ 34 981 508 142

630 069 637


OBSERVATORIO APÍCOLA V: A ENXAMÍA DAS ABELLAS

3 de abril de 2020

Por Suso Asorey, voceiro e fundador de AGA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1.- En tempos dos nosos avós, se había moitos enxames, o ano era bo, e o contrario era malo. O mel era un subproduto. Canto cambiaron as cousas, ou non?

2.- Para as abellas, enxamear está no seu ADN, é a única maneira que teñen de reproducir a especie. Se as abellas seguen no globo terrestre é grazas á enxamía.

3.- Na actualidade, unha das primeiras liñas dos selecionadores de abellas é que non teñan tendencia a enxamear, porque se enxamean a esmelga está en perigo.

4.- Non só para reproducirse utilizan as abellas a enxamía? Pois cando senten perigos varios, enxamean. Por exemplo, cando teñen moita varroa, enxamean, e rompen o ciclo biolóxico da varroa. Por iso os reprodutores de abellas teñen menos problemas coa varroa. Tamén por iso un enxame pode sobrevivir nun buraco varios anos sen tratamentos.

5.- O instinto de supervivencia das abellas fai que, a pesar dos apicultores, seguirán enxameando pola conta que lles ten. Cando se sintan moi agobiadas, enxamearán. Fronte á varroa, fronte aos pesticidas, fronte ás calamidades varias, elas teñen a solucción: enxamear.

6.- Que di coronavirus?

Os lexisladores poden dicir as distancias que hai que cumprir, si, obrigar a tratar as colmeas todos os anos, etc. Pero hai enxames que non cumpren con esas normativas, e os encargados de facer cumplir a lei a velas vir.

Houbo unha Comunidade Autónoma que quería considerar apiarios abandonados se había máis do 50 por cento das colmeas mortas e, polo tanto, proceder á súa destrución. Ata que alguén lle sinalou que, en vez de os eliminar, se non sería mellor reproducir esas abellas por aquilo da selección natural?
 


Voltar