+ 34 981 508 142

630 069 637


OBSERVATORIO APÍCOLA VI: MEL DE LA GRANJA SAN FRANCISCO

7 de abril de 2020

Por Suso Asorey, voceiro e fundador de AGA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1.- Contoume Josep Serra que na primeira viaxe que fixo Felipe González a China cun grupo de empresarios, entre eles ía o dono de Nutrexpa, que é a empresa do Cola Cao, e este cambiou o Cola Cao por mel. Daquela, o intercambio con China aínda era en especies.

2.- Logo, meter ese mel nas tendas era moi doado. O comercial chegaba e dicíalle ó tendeiro: agora, ademais de Cola Cao, tamén traio mel. Se alguén se resistía, o método era contundente: se quere Cola Cao tamén me ten que mercar o mel; non se fale máis.

3.- Pero tamén se ofrecía un produto que ía ser moi promocionado, en televisión e nos demais medios. Así foi, marcou tendencia este mel, con milleiros de anuncios no que se promocionaba un produto estandarizado, sempre da mesma cor, sabor e líquido. E isto gravouse no maxín dos consumidores.

4.- A partir de aí, o mel bo era aquel que aparecía sempre igual. Se ti ofrecías un mel de aspectos variables (natural), solidificado etc., ese era mel sospeitoso; que se tiña azucre, que desta vez fixéchelo máis escuro e demais comentarios. E eses eran problemas de difícil saída. Houbo que traballar forte para corrixir esa tendencia, se é que xa está corrixida.

5.- Josep Serra era o químico encargado de laboratorio de La Granja San Francisco, alí era onde se facía a copaxe. Dentro do que había no almacén facíanse as porcentaxes de cada mel, e o mel seguía esa liña establecida de antemán, sempre igual. Loxicamente, ese mel cumpría totalmente coa lexislación vixente, era legal. Pola contra, o noso mel ten recibido multas, por moita humidade, por moita acidez... Cousa que nunca lle pasaba ao mel de feitura, de laboratorio.

6.- Que di o coronavirus?

Que ter un laboratorio detrás dáche a garantía de que non te multarán. Para cando teremos en Galicia un laboratorio de referencia como vimos reclamando? O laboratorio do Dr. Cord Lullmann, en Bremen (Alemaña), é o laboratorio de referencia mundial. Este laboratorio é o que di que é o que ten o teu mel e se o podes meter no mercado internacional, ou non.

 


 


Voltar