+ 34 981 508 142

630 069 637


OBSERVATORIO IX : SEMENTAR, SEMENTAREI...

21 de abril de 2021

Por Suso Asorey, voceiro e fundador de AGA

 

1.- Fronte a este desmadre ―perda de moderación e medida― de alimentar as abellas de calquera forma e cando lle cadre, propoño sementar nabos e Phacelia, por exemplo.

2.-Do nabo, coma do porco, aprovéitase todo, titulou a periodista María Cedrón, en La Voz de Galicia, o día 25/3/2020.

Citou varios aproveitamentos, entre outros, os grelos; alimento para o gando e fertilizante verde para as terras dentro dun experimento que vén de vello e que é a rotación de cultivos, a mellor arma natural contra as pragas.

3.- María esqueceuse de citar o interese apícola desta especie botánica, do xénero das Brassica, pero coidado xa que tamén se están sementando boas hectáreas de colza, que pertence á mesma familia mais é outra especie, a cal se sementa porque está subvencionada pola UE como forraxe ou fertilizante.

4.- Xa temos comentado que os nabos son unha importante planta melífera primaveral que proporciona ás abellas moito pole para criar e tamén néctar, o cal dará un mel con tendencia a cristalizar moi axiña.

5.- Outra planta coa que teñen experimentado moitos apicultores en Galicia é a Phacelia, semente traída de Francia, moi doada de cultivar, que as abellas liban con moita avidez, produce abundante néctar e ademais é unha planta moi apta para utilizar como fertilizane en verde, xa que fixa nitróxeno atmosférico no chan, coma todas as leguminosas.

6.- Que di o coronavirus?

Como alternativa a tanta alimentación sen control, ¿non sería mellor sementar nabos e máis tarde Phacelia arredor dos nosos apiarios, e máis agora que hai tanto terreo abandonado?

Agora que hai moito terreo abandonado, que os veciños vos presten os seu predios en desuso, que coman grelos gratis e explicarlles a fertilización coas Phacelia, sen esquecernos de regalarlles algún tarro de mel.

Sobre todo nas áreas dos eucaliptos, que un ano dan e outro non, a proposta sería sementar nabos para fortalecer as colmeas no cedo e logo Phacelia para colleitar mel, e esmelgar no mes de xullo, antes da invasión das velutinas.


 


Voltar