+ 34 981 508 142

630 069 637


OBSERVATORIO VII: OUTRO PRODUTO DAS ABELLAS, O POLE

13 de abril de 2020

Por Suso Asorey, fundador e voceiro de AGA

 

1.- O pole é a parte masculina das flores que vai ao tubo polínico, e en contacto cos óvulos provoca a fecundación das flores, o que dá froitos, sementes e novas plantas.

2.- As abelleiras e os abelleiros, recentemente, aprenderon a extraer o pole das colmeas e a utilizalo na alimentación humana. Temos aí unha proteína vexetal aínda por descubrir para o gran consumo.

3.- Un dos países que máis pole demanda é Holanda, pero utilízano para alimentar os abellóns, para a súa grande industria de polinizadores (Bombus), sobre todo en invernadoiros.

4.- En Galicia, temos dúas plantas que case florean ao mesmo tempo en xuño: a silva e o castiñeiro, cores de pole verdoso e amarelo, ideais para a produción de pole. Diferéncianse moi ben dos poles que veñen doutros lugares, por exemplo, o alaranxado de Cistus (cast. esteba) ou ese pole de graos pequerrechos que vén da China. O noso é un pole de monte, de plantas silvestres, atractivo visualmente.

5.- Hai anos, cada vez que ía traballar ás miñas colmeas, regresaba lanzando esbirros por todas as partes. No hospital en Santiago fixéronme as probas, e o diagnóstico foi alérxico a pole de gramíneas, entre outras. Recomendación: procurar non saír ao campo na primavera. Isto remedio non ten, seguramente irá a máis etc. Empecei a tomar pole todos os días pola mañá durante o horario de inverno, e ao terceiro ano «nunca máis», nin rastro de alerxia. Logo, contoume Ángel Sanjurjo (investidagor galego en California) que alí o seu médico contra as alerxias recomendaba consumir mel local, para estar constantemente en contacto cos poles da contorna, e así vacinarse contra as alerxias. Ao mesmo tempo que consumía o pole deixou de caerme o pelo, tamén o lera por algún lado que era bo para iso. No caso dalgunha operación de próstata xa programada, non pasaron polo coitelo despois de levar algún tempo consumindo pole os afectados.

6.- Que di o coronavirus?

En xeral, a vitalidade das persoas increméntase moito consumindo pole, aínda que non sexa todo o ano. Con 50 euros de pole galego tes para o consumo anual. Cóidate colocando tres culleriñas de pole nun vaso mediado de auga pola noite e antes do almorzo, para dentro. Xa me contarás! En vez de cremas por fóra, pole por dentro, non hai mellor cosmética.


Voltar