+ 34 981 508 142

630 069 637


OBSERVATORIOS APÍCOLAS DURANTE A CRISE DO CORONAVIRUS

24 de marzo de 2020

Durante estes días de confinamento iremos publicando varios textos titulados «Observatorios apícolas», escritos por Suso Asorey, fundador de AGA e actual voceiro da nosa asociación.

A idea é ofrecer lecturas breves sobre o mundo das abellas e da apicultura que provoquen reflexións e debate entre a comunidade abelleira. Este tempo de illamento das persoas nas súas casas pode traer consigo a oportunidade de gozar destes momentos para ler, pensar e reflexionar, o cal nunha situación normal quizais non tivésemos o tempo de facer. Hoxe publicamos o primeiro titulado "Os males das abellas".

Boas lecturas e reflexións!


Voltar