+ 34 981 508 142

630 069 637


OS DIAGNÓSTICOS DAS COLMEAS

23 de xuño de 2020

Os diagnósticos da colmea son dous gráficos prácticos para seguirmos os principais aconteceres no interior dunha colmea, así como as posibles solucións a través da actuación do apicultor ou apicultora. Véxase: Une Saison aux Abeilles - S04 E19.

Foron realizados por Léandre Goydadin, apicultor profesional do Franco-Condado francés, quen ten como pracer o de fedellar nun enxame e que se dedica dende hai catro anos á divulgación da súa práctica apícola na canle de YouTube a través do seu espazo "Une saison aux abeilles" ―Unha estación coas abellas―.

Une saison aux abeilles son vídeos semanais onde se analizan os principais problemas da apicultura e das abellas en toda a estación apícola (entre vinte e trinta por ano, máis algúns especiais), con esquemas teóricos e moita práctica do manexo da colmea. Por exemplo, no episodio da semana do venres 19 de xuño (Une Saison aux Abeilles - S04 E25), trátase practicamente o sistema de detección de varroa nas colmeas, que sempre pode axudarnos na práctica en si.

Para unha persoa abelleira aleuta non fai falla dominar a lingua francesa para facer o seguimento dalgúns dos seus interesantes vídeos e posiconamento apícola, que pode resultar polémico por lle atribuír ao abelleiro as deficiencias das súas colonias de abellas.

Por outra banda, resulta interesante facer o seguimento do seu variado merchandising como apicultor profesional para a comercialización dos seus meles.

En todo caso, pola súa autorización para a tradución, merci Léandre.

Ver GRÁFICO 1 e GRÁFICO 2.


Voltar