+ 34 981 508 142

OS GOBERNOS EUROPEOS CEDEN Á PRESIÓN DA INDUSTRIA DOS PRAGUICIDAS

24 de xaneiro de 2019

Greenpeace sacou un comunicado o pasado 23 de xaneiro no que alertan que os gobernos europeos están cedendo á presión da industria e facilitar o camiño aos praguicidas que matan ás abellas.

A Comisión Europea, que prohibiu o uso de tres neonicotinoides en 2018, non prevé aplicar os mesmos criterios a todos os insecticidas perigosos para as abellas. España é un dos países que se opoñen a adoptar a guía europea que protexería as abellas e a outros polinizadores de todos os praguicidas perigosos.

Segundo unha filtración á que tivo acceso Greenpeace, a Comisión Europea, baixo a presión da industria agroquímica e dos gobernos, ten previsto rebaixar os criterios de seguridade que levaron á prohibición en abril de 2018 de tres praguicidas neonicotinoides (clotianidina, imidacloprid e tiametoxam) demostradamente perigosos para as abellas e outros polinizadores. Espérase que os representantes dos gobernos europeos discutan este plan nunha reunión en Bruxelas nos vindeiros días.

Máis información: Comunicado Greenpeace 23/01/19


Voltar