+ 34 981 508 142

OS MELES 5 ESTRELAS DE AGA VIAXARÁN POLO MUNDO

19 de decembro de 2019

No pasado mes de novembro demos a coñecer os 5 meles premiados no Concurso de Mel 5 Estrelas que organizou AGA por primeira vez este ano.

As persoas premiadas xa recibiron os selos 5 estrelas para utilizar nos envases á venda do mel. Agora estamos preparando dende AGA a presentación destes meles a diferentes concursos internacionais, como por exemplo o Superior Taste Award (Premio ó Sabor Superior) do Instituto Internacional do Sabor en Bruselas, no que participan alimentos e bebidas de todo o mundo, ou nos London Honey Awards (Premios do Mel de Londres) un prestixioso premio no que participan meles a nivel internacional.

O vindeiro Día do Apicultor, 1 de febreiro en Arzúa, daremos a coñecer os detalles destes concursos e faremos a entrega dos diplomas ás persoas gañadoras do concurso. Ese mesmo día faremos tamén unha degustación dos meles premiados, así como en diferentes actos que organizaremos durante o 2020 con motivo do proxecto de apiturismo do programa O Teu Xacobeo.

Aquí publicamos unha imaxe dos diplomas que entregaremos o Día do Apicultor.


Voltar