+ 34 981 508 142

630 069 637


OS MELES 5 ESTRELAS NO LONDON HONEY AWARDS

27 de marzo de 2020

Os Meles 5 Estrelas, gañadores do concurso organizado por AGA no 2019, viaxan a Londres para participar no London Honey Awards, un concurso internacional de meles que se celebra na capital londinense coa participación de meles de todo o mundo.

 

Algúns dos premiados no 2019 foron meles de Italia, Grecia ou España, dentro da Unión Europea, e tamén de Arabia Saudí, Nova Zelanda, Alxeria, Canadá ou Turquía, entre outros. A celebración estaba programada para o mes de abril pero, debido a pandemia do coronavirus, foi aprazada para os días 22 e 23 de xuño.

Este premio é unha aval da calidade superior dos meles que logran un dos distintivos: Platino, Ouro, Prata ou Bronce. Poder anunciar un recoñecemento a un sabor superior certificado, ten un efecto positivo demostrado na venda, sexa a nivel internacional como nacional. Un xurado, composto por doce catadores e catadoras expertas de diferentes países, evalúa os meles nunha cata a cegas, outorgando unha puntuación que será a que asigne a categoría do premio a cada mel.

No concurso hai dúas seccións, unha propiamente de calidade do mel, e outra de deseño do envase, a presentación do produto, aspecto crucial tamén para acadar un éxito comercial.

Desexámoslle moita sorte ós participantes galegos e que acaden unha boa puntuación!

Máis información do concurso:
http://www.londonhoneyawards.com/


 


Voltar