+ 34 981 508 142

OS PRODUTOS DA COLMEA E A VESPA VELUTINA NA 33ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA

30 de maio de 2018

Os variados e beneficiosos produtos da colmea serán os protagonistas na 33ª edición da Mostra Galega de Apicultura o 2 de xuño en Arzúa. Cada ano a Asociación Galega de Apicultura organiza esta xornada para ofrecer información ós apicultores e apicultoras de Galicia sobre temas de actualidade que afectan ó sector apícola. 

 

Os produtos da colmea a e súa comercialización

A promoción e o apoio ó sector na comercialización dos produtos apícolas é un dos obxectivos de AGA, que comparte con Erica Mel, cooperativa con máis de 20 anos de experiencia no mercado do mel en Galicia e a nivel nacional. A colmea ofrece moitos produtos con propiedades altamente recoñecidas polos consumidores. O mercado do mel está ben consolidado na nosa comunidade, pero é preciso diversificar e apostar polos produtos con valor engadido para diferenciarse nun mercado cada vez máis competitivo. Galicia posee un gran potencial para a venda destes produtos, que todavía está por aproveitar, e AGA pretende promovelo dende a formación e o asesoramento, xunto coa cooperativa Erica Mel que ofrece a organización para a súa comercialización.

Nesta xornada falaremos da situación actual e posibilidades da apicultura comercial en Galicia, tema tratado ampliamente nun curso impartido na Escola Galega de Apicultura esta primavera, cuios contidos exporá a técnica de AGA Laura García. Un dos produtos con maior demanda no mercado actualmente é o pole, e para falar da súa produción e comercialización contaremos coa empresa portuguesa Macmel, con ampla experiencia no sector. Tamén os meles monoflorais son cada vez máis atractivos e por iso convidamos a Antonio Bentabol, director da Casa de la Miel de Tenerife, que xestiona a DOP Miel de Tenerife con 4 variedades de mel multifloral e 13 de multifloral, con gran éxito comercial. Ademais Bentabol presentará o IX Congreso Nacional Apícola que terá lugar no mes de outubro en Tenerife.

 

Celebración da prohibición dos pesticidas

AGA quere aproveitar esta ocasión para celebrar a recente prohibición na Unión Europea dos tres pesticidas considerados máis tóxicos para as abellas: clotianidina, imidaclopride e thiametoxam. Unha importante victoria para as abellas e para as asociacións que estiveron loitando para conseguilo durante moitos anos. Por este motivo, haberá un acto no que representantes de AGA relatarán como se conseguiu este gran logro, e presentaremos o "Himno abelleiro", unha versión do "Himno do apicultor" de Eslovenia, en homenaxe ó país que impulsou e logrou a declaración oficial do Día Mundial da Abella. 

 

Novidades sobre a Vespa velutina

Na sesión da tarde expoñeremos as últimas novidades sobre trampas contra a Vespa velutina, como a "trampa-diana", unha novidosa trampa 100% selectiva que nos traerá Eugenio Pichel de SANVE Sistemas anti-velutina. Tamén participará o profesor José Antonio Pose, do CIFP Politécnico de Santiago de Compostela para presentar un modelo de trampa ideado por un grupo de alumnos dentro do proxecto Opensourcevelutina, un proxecto aberto e colaborativo para facer fronte ó tártago asiático. E por último, presentaremos outra trampa selectiva recén chegada de Francia. Haberá tamén unha exposición durante todo o día de diferentes mecanismos de trampeo e protección de colmeas.

Programa completo da 33ª Mostra Galega de Apicultura

 


Voltar