+ 34 981 508 142

PARTICIPA NO CONCURSO DE MELES 5 ESTRELAS

27 de setembro de 2019

Continúa aberto o prazo para participar no Concurso de Meles 5 Estrelas, un concurso organizado por AGA no que se premiará con selos 5 estrelas ós meles gañadores, aportados polas apicultoras e os apicultores galegos. .

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As persoas interesadas teñen de prazo ata o 1 de novembro para enviar as mostras que presenten ás diferentes categorías xunto coa ficha de inscrición. A inscrición ten un custe de 30 €, pero para os socios e socias de AGA é gratuita, agás penalizacións (ver bases). 

Os meles que acaden a máxima puntuación en cada categoría serán os Meles 5 Estrelas, que recibirán un diploma acreditativo e os selos 5 estrelas que certifiquen o premio nos envases postos á venda. Estes meles serán enviados despois polo Comité organizador a concursos de meles nacionais e internacionais.

Poderase concursar nas seguintes categorías:

1. Meles multiflorais, de flores silvestres, de monte.

2. Meles monoflorais :

Mel de eucalipto,  70 % mínimo

Mel de queirogas, 35 % mínimo

Mel de silva, 45 % mínimo

Mel de castiñeiro, 70 % mínimo

Mel de melato, carballo rebolo, máis de 0,8 mS/cm  de condutividade.

 

Máis información nas Bases do Concurso.


Voltar