+ 34 981 508 142

PLAN APÍCOLA 2019

25 de marzo de 2019

A orde das axudas do Plan Apícola 2019 será publicada neste mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de:

  • Ata o 80 % nos tratamentos contra a varroa  
  • Ata o 50 % no alimento
  • Ata o 50 % na cera

O Plan Apícola tamén subvenciona o 90 % do custe dun veterinario e o 70 % dun técnico, para prestar información e asistencia técnica ós apicultores e apicultoras.

Para o cálculo das axudas, teranse en conta as colmeas declaradas polo solicitante a 31/12/18 na oficina agraria. En función das solicitudes que haxa, pode ser que non cheguen os fondos para cubrir todos os conceptos, especialmente a cera por estar en último lugar na orde de prioridade. No momento de enviar a solicitude os socios e socias terán que enviar o xustificante de pago de todo o material (tratamentos, cera e alimento) e do seguro das colmeas. Ademais, quen o desexe tamén pode facer o pago da cota anual.

 

REQUISITOS

1. Estar inscrito/a no Rexistro Oficial Apícola de Galicia antes do 01 de xaneiro do 2019.

2. Ter actualizado o caderno apícola antes do 1 de marzo do 2019 na oficina agraria.

3. Ter contratado un seguro de colmeas a través de AGA ou por conta propia.

 

Para SOLICITAR AS AXUDAS os socios/as deberán enviar:

1. Solicitude (Descargar pdf)

2. Xustificante de pagamento do material e seguro, a ingresar na conta de AGA (indicando no concepto o nome do socio/a e Plan Apícola 2019) ou fotocopia da factura de compra emitida por AGA (só no caso de ter adquirido o material previamente).

3. Fotocopias do caderno apícola da:

- Páxina nº1 onde figura o selo da actualización do ano 2019. Se nesta páxina non está o selo, enviar tamén a páxina onde estea (da nº 1 a 3), asegurándose que aparezan claramente: selo, sinatura, data e "conforme" da oficina agraria.

- Páxina nº4 onde figuran os datos do titular da explotación.

Non é necesario compulsalas.

 

PRAZOS

Entrega solicitude e documentación: Ata o día 12 de abril

Por email: planapicola@apiculturagalega.es. Enviar a solicitude e as copias do caderno en documentos diferentes, sendo claramente lexibles todos os datos. Enviaremos confirmación da súa recepción por email, se non se recibe nun prazo de 7 días dende o envío, contactar con AGA.

Por carta: AGA Feira Nova s/n 15819 Santa María Arzúa. Enviar as fotocopias por unha única cara, sendo claramente lexibles todos os datos.

Recollida tratamento e material:  Ata o día 5 de xullo.

 

MATERIAL SUBVENCIONADO

Tratamentos contra a varroa

O tratamento será subvencionado ata o 80 % do seu custe, para as colmeas que figuren actualizadas na oficina agraria a 31/12/18. No caso de necesitar tratamento para máis colmeas, pódese pedir agora na mesma solicitude.

Hai que facer o pedido por envases completos. Para as colmeas actualizadas na oficina agraria realizarase o pagamento do 20% do seu custe (xa a prezo subvencionado) e para o resto de colmeas a prezo sen subvención (ver prezos no anexo III).

O tratamento será entregado polo veterinario no mes de xuño (ver datas no anexo II) xunto coa receta e factura, que hai que gardar para a próxima actualización do caderno na oficina agraria. Os socios e socias con explotacións de máis de 100 colmeas (tratadas co mesmo produto) recibirán o pedido no seu domicilio, xunto coa receta e factura.

 

Alimento e cera

O alimento e a cera poden ser subvencionados ata o 50 %.  Para o alimento, pódese pedir como máximo 4 € por colmea, do que poderá ser subvencionado como máximo 2 €. Para a cera pódese pedir como máximo 8 € por colmea, do que poderá ser subvencionado como máximo 4 €. Para poder solicitar alimento e cera hai que solicitar tamén o tratamento para a varroa.

No momento de enviar a solicitude pagarase o 100% do seu custe (ver prezos no anexo IV). En función da porcentaxe que finalmente se subvencione, farase a devolución correspondente a cada socio ou socia a partir do mes de outubro, cando AGA cobrará a subvención.

 

O material solicitado poderase recoller nos lugares indicados no anexo IV a partir do 1 de maio ata o 5 de xullo. No momento de recoller o pedido hai que avisar que é para o Plan Apícola e gardar o albarán (non é necesario enviar a copia a AGA).

No caso de necesitar alimento ou cera en ecolóxico poñerse en contacto con AGA no momento de facer a solicitude.

 

SEGURO APÍCOLA

Para solicitar o Plan Apícola é obrigatorio ter un seguro de colmeas. Hai que asegurar como mínimo as colmeas actualizadas no libro. O custe é de 1 €/colmea e ten un validez ata o 7 de febreiro de 2020. Lembramos que o seguro non se renova automáticamente, polo tanto é preciso comunicar a AGA a súa renovación aínda que xa o teñan feito o ano pasado.

Para facer o seguro por AGA: Se todavía non o comunicaron, hai que indicalo na solicitude da subvención anotando o nº de colmeas e facer o pago xunto co resto do material solicitado.

No caso de ter seguro propio: Enviar xunto coa solicitude a copia da póliza e o xustificante bancario do seu pagamento.

Descargar a solcitude e anexos: Carta Plan Apícola 2019


Voltar