+ 34 981 508 142

PREINSCRICIÓN CURSO INCORPORACIÓN EN APICULTURA

5 de febreiro de 2020

Curso organizado por AGA e dirixido ás persoas que solicitaron a subvención de incorporación en apicultura, ou que estén en trámites de facelo. Ofreceranse os tres módulos específicos para apicultura, cun total de 100 horas. Cada módulo impartirase por separado durante os próximos meses e como mínimo o 50% das horas serán prácticas. 

Para saber se temos un grupo mínimo para poder realizar o curso, abrimos un prazo de preinscrición ata o día 14 de febreiro, para que se anoten as persoas interesadas. Unha vez teñamos o grupo, fixarase o lugar e datas, e abriremos o prazo de inscrición final.

O curso será de balde para socios e socias de AGA. Para o resto, publicarase o prezo cando se abra o prazo de inscrición final.


Voltar