+ 34 981 508 142

PRESENTACIÓN DO PROXECTO APITURISMO XACOBEO 2021, 22 DE OUTUBRO EN SANTIAGO

15 de outubro 2019

O vindeiro 22 de outubro ás 11 h. na Galería Sargadelos en Santiago de Compostela, AGA organiza o acto de presentación do proxecto Apiturismo Xacobeo 2021.

 

No evento, que será aberto a todo o público interesado, explicaremos os obxectivos e contidos deste proxecto e presentaremos a publicación "Apiturismo Galicia Xacobeo 2021", que será distribuida a nivel internacional. A continuación proxectarase o vídeo promocional do proxecto, realizado con espectaculares imaxes aéreas da apicultura tradicional e paisaxes de Galicia, e inaugurarase unha exposición fotográfica, que estará aberta ó público ata o día 31 de outubro. Para rematar ofrecerase unha degustación de meles a cargo da restauradora Noela Torres.

Ver vídeo promocional do proxecto: https://youtu.be/VjnlIHIXM2I

Agardámosvos!


Voltar