+ 34 981 508 142

PROGRAMA DA FEIRA DOS PRODUTOS APÍCOLAS DE ALLARIZ

16 de setembro de 2018 - Allariz

A Feira dos Produtos Apícolas, organizada pola EGA Escola Galega de Apicultura, AGA, Concello de Allariz e Fundación Ramón Gonzalez Ferreiro, contará con preto de 30 expositores de produtos e material apícola de Galicia, León e Portugal, que amosarán un cento de produtos da colmea, dende meles de diferentes tipos, cosmética, bebidas ou masaxes de mel.

Durante a feira desenvolverase un completo programa de actividades para todos os públicos, co obxectivo de divulgar as propiedades e beneficios dos produtos da colmea. Os abelleiros e abelleiras terán a oportunidade de coñecer novidades en material apícola da man de varias empresas, novos tratamentos contra a varroa, resolver dúbidas sobre a Vespa velutina ou informarse sobre como mellorar a saúde das colmeas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Programa:

Exposición e venda de produtos e material apícola

De 11 h. a 19 h. na Praza Maior e Praza de Abaixo. (en caso de choiva Patio do Museo de Coiro e Praza de Abastos)

Ver listado de expositores ó final deste artigo

 

Concurso  "O mellor expositor" e sorteo de cestas de produtos apícolas

O público visitante poderá votar ó mellor expositor en función da imaxe, calidade, variedade dos produtos, etc. O premio para o posto gañador será unha cesta de produtos de Allariz e o público poderá participar tamén nun sorteo de varias cestas de produtos apícolas.  Entrega do premio e sorteo ás 18.30 h na Paneira (Praza Maior).

 

Consultorios (Durante todo o día)

1. Apiterapia e masaxes con mel. Por José Castro, apiterapeuta

2. Usos e propiedades dos produtos apícolas. Por Suso Asorey, biólogo e voceiro de AGA

3. Comercialización a través da cooperativa Erica Mel. Por persoal de Erica Mel

4. Vespa velutina.  Por Fernando Cores e Eugenio Pichel, apicultores expertos

5. Sanidade apícola. Por Gonzalo Calvo e Joaquín Lozano, veterinarios de AGA

               

Demostracións (Durante todo o día)

Esmelga da Colmea do Rexo e degustación. Por Benita Ferreiro, apicultora de Allariz

Elaboración tradicional de candeas. Por Damián e Diego Copena, investigadores do patrimonio apícola cereiro.

 

Presentacións

Presentación do curso "Sanidade e manexo apícola" da Escola Galega de Apicultura.

Ás 11 h. na Paneira (Praza Maior)

Oxybee: novo tratamento contra a varroa. Por Miguel Angel Rodríguez,  Santamix Ibérica.

Ás 11.15 h. na Paneira (Praza Maior)

 

Obradoiros e catas:

Infantil. Por Francisca Álvarez e Luis Vaca, apicultores. Copiños de mel e candeas de cera. (Durante todo o día)

Cata de meles de Galicia. Por Beatriz Ríos, IXP Mel de Galicia. Ás 12 h. Na Paneira (Praza Maior)

Xabóns con mel. Por Mar Ramos, apicultora. Ás 16 h. Na Paneira (Praza Maior)

Cata de bebidas de mel e obradoiro de hidromel. Por Cerveza Castreña. Ás 17 h. Na Paneira (Praza Maior)

 

Nota: A participación das actividades programadas na Paneira (Praza Maior) será aberta ata cubrir o aforo dispoñible.

 


Voltar