+ 34 981 508 142

PROGRAMA XORNADA APICULTURA E FRUTICULTURA

Data e lugar: 11 de maio, de 10.30 a 14 h. e de 16 a 18 h.

Lugar: Fundación Ramón González Ferreiro, Paciños (Allariz)

O vindeiro 11 de maio AGA organiza unha xornada en Allariz sobre apicultura e fruticultura, na que contamos con expertos técnicos sobre as producións de mazá e a castaña, dúas froitas con boa demanda no mercado na actualidade e tamén con moito interese para a apicultura.

Este é o programa completo da xornada:

Ás 10.30 h. Diversificación en apicultura e as explotacións mixtas. Por Suso Asorey, biólogo e voceiro de AGA

Ás 11 h. A mazá. Por Francisco Otero, técnico Xunta de Galicia, e David Asper, apicultor e produtor mazá.

Ás 12 h. Descanso

Ás 12.30 h. A castaña. Por Manuel Vilariño, Consello Regulador Castaña de Galicia e José Manuel Guerra, apicultor, produtor de castaña e técnico do Centro Agroforestal Riós.

Ás 13.30 Preguntas e posta en común

Ás 14 h. Xantar

Ás 16 h. Usos do monte e a apicultura. Por Diego Sánchez, enxeñeiro forestal do SLG

Ás 16.30 Recuperación variedades autóctonas froiteiras. Por técnico SLG

Ás 17 h. Preguntas e posta en común

Para inscribirse é preciso enviar a ficha de inscrición e o xustificante de pago a info@apiculturagalega.es.


Voltar