+ 34 981 508 142

PRÓXIMA CONVOCATORIA PLAN APÍCOLA 2020

5 de marzo de 2020

A convocatoria do Plan Apícola 2020 sairá publicado probablemente durante o mes de marzo. AGA enviará unha circular ós socios e ás socias en papel e correo electrónico, coa información sobre a axuda e a ficha de solicitude. A novidade deste ano é que non será necesario enviar as copias do caderno, só a folla da solicitude cuberta. Aconsellamos prestar atención ó correo durante este mes e, no caso de non recibir nada, poñerse en contacto coa asociación.

Lembramos que, como todos os anos, son requisitos necesarios para poder recibir esta subvención: estar dado de alta no Rexistro de Explotacións Apícolas de Galicia antes do 1 de xaneiro de 2020, ter realizada a actualización do caderno na Oficina Agraria antes do 1 de marzo e ter contratado un seguro de responsabilidade civil, a través de AGA ou por conta propia. Para poder cobrar a subvención do seguro, se se solicita o Plan Apícola través de AGA e no caso de que chegue o orzamento, ten que ser feito na póliza da AGA.

 


Voltar