+ 34 981 508 142

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DA DAGA ORTEGAL

28 de maio de 2018

A DAGA Ortegal organiza para este mes de xuño dúas xornadas técnicas. A primeira será o vindeiro domingo 3 de xuño sobre iniciación á apicultura e inclúe prácticas en colmeas. Para o seguinte domingo 10 de xuño, terá lugar a xornada "Manexo das colmeas ante a Vespa velutina" que impartirán técnicos de AGA e que ten o obxectivo de ofrecer información sobre como mellorar o manexo das colmeas en presenza do tártago asiático para que non se vexan afectadas a supervivencia da colmea e a súa produción, intentando reducir os efectos da velutina.

As dúas xornadas son de balde, pero é preciso inscribirse con antelación no email info@apiculturagalega.es ou teléfono 981 508 142.

 

Xornada "Manexo de colmeas ante a Vespa velutina"

Lugar: Colmear didáctico e Centro Social de San Adrian. Ortigueira
Data: 10 de xuño
Imparten: Técnicos de AGA
Prezo: De balde

Xornada "Iniciación á apicultura"

Lugar: Centro Social de Ortigueira
Data: 3 de xuño
Horario: De 10 a 14 h e de 18 a 19 h.
Imparte: Manuel Rodríguez. Delegado de AGA Ortegal
Prezo: De balde, só para socios/as de AGA
Inclúe prácticas en colmeas

Inscricións:

Email: info@apiculturagalega.es / Tel. 981 508 142

 

Voltar