+ 34 981 508 142

PRÓXIMOS CURSOS BÁSICOS APICULTURA

3 de maio de 2019

AGA organiza para este mes de maio varios cursos de apicultura, dirixidos a persoas que queiran iniciarse na apicultura e para as que xa teñan colmeas pero queiran seguir formándose, algo moi necesario na actualidade con todos os cambios ós que se enfronta a apicultura e as abellas: Vespa velutina, cambio climático, etc.

Son cursos teórico-prácticos de balde para socios e socias e teñen un custe de 50 € para non socias. Para inscribirse hai que cubrir a ficha de inscrición e enviala a AGA.

Datas e lugares próximos cursos básicos:

  • Ponteareas, 11 e 12 de maio
  • Ribadavia, 18 e 19 de maio
  • Ortigueira, 18 e 19 de maio
 

Voltar