+ 34 981 508 142

PRÓXIMOS CURSOS BÁSICOS DE AGA

Os próximos cursos básicos de AGA serán a fin de semana do 4 e 5 de maio nos seguintes lugares:

1. Allariz. Escola Galega de Apicultura, Paciños

2. Folgoso do Courel. Casa do Concello

3. Abegondo. Casa das Abellas

Estes cursos son de balde para socios e socias de AGA e teñen un custe de 50 € para o resto. A formación inclúe prácticas en colmeas e a entrega da publicación "Curso de Apicultura".

Para inscribirse hai que enviar a ficha de inscrición, que se pode descargar aquí: ficha inscrición.

A información completa dos cursos básicos: programa cursos básicos AGA 2019.  


Voltar