+ 34 981 508 142

630 069 637


PUBLICACIÓN DA ORDE DE AXUDAS APICULTURA 2020

27 de maio de 2020

A Consellería de Medio Rural acaba de publicar a Orde de Axudas á Apicultura para o 2020 no DOGA do 27/05/2020. Poden optar a estas axudas as asociacións ou cooperativas apícolas de Galicia así como apicultores e apicultoras titulares de explotacións apícolas, cumplindo cunha serie de requisitos. A subvención vai destinada principalmente a adquisición dos tratamentos contra a varroa, alimentación e cera, ademais do custe dos veterinarios para asesoramento técnico e formación.

Dende AGA os socios e socias poden tamén tramitar a solicitude, para o cal abrimos un prazo que rematou o pasado 20 de maio. Solicitude Plan Apícola 2020 por AGA

Neste enlace pódese descargar a convocatoria publicada no DOGA: Orde do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020


Voltar