+ 34 981 508 142

PUBLICADA A ORDE DE AXUDAS Á APICULTURA 2019

27 de maio de 2019

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 24 de maio a orde da Consellería do Medio Rural pola que convoca as axudas para a apicultura para este 2019. Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2019.

O prazo para solicitar a subvención a través de AGA xa rematou pero se se solicita a título individual pódese facer ata o 24 de xuño.

Enlace para a descarga da convocatoria: 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190524/AnuncioG0426-140519-0001_gl.html

Información sobre o proceso de solicitude a través de AGA:
https://www.apiculturagalega.es/aga-informa/actualidade/PLAN-APICOLA-2019/588

 


Voltar