16 de febreiro de 2016
O día 20 de febreiro en Arzúa teremos un Día do Apicultor adicado á Vespa velutina e a saúde das abellas.
Pola mañá, no local da Asociación de Veciños de Santa María, AGA vai presentar o programa de investigación Stop Velutina e a continuación sucederanse as palestras de laboratorios e apicultores/as que teñan algún método ou experiencia sobre o control da Vespa velutina.
Pola tarde, os laboratorios farán unha presentación dos produtos para o tratamento da varroa e farase unha explicación dun novidoso servizo que ofrece o laboratorio Biopyc sobre limpeza de residuos da cera.
Programa:
Ás 10 h. apertura de instalacións
Ás 11 h. Sesión sobre Vespa velutina
11 h. Presentación Programa Stop Velutina de AGA – Xesús Asorey, Sandra Rojas e Xesús Feás
11.45 h. Palestras:
Fondo-trampa Velutina. Por Salvador Martínez - DAGA Rías Baixas
Fondo-trampa Velutina. Por Paco Graña – DAGA Bergantiños
Artiluxio de protección para a colmea. Por Xesús Asorey - AGA
Investigación sobre a Vespa Velutina en Francia. Por Ludovic de Feraudy - Vetopharma.
Apishield, fondo-trampa Velutina. Por Azucena Marques – Hifarmax.
Plan de actuación contra a Vespa Velutina no Morrazo. Por José María Bello – DAGA Morrazo
Preguntas e debate.
Ás 13 horas. Asemblea Xeral de AGA
Ás 16 h. Sesión sobre os tratamentos da varroa.
Thymovar e Hibee. Por Azucena Marques – Hifarmax.
Maqs. Por Ludovic de Feraudy – Vetopharma.
Checkmite. Por Encarna Garrido – Biopyc.
Limpeza de residuos da cera. Por Encarna Garrido – Biopyc.
Preguntas.
Ás 18 horas. Clausura da xornada